Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Piragua de Abrapalabra Creacións Escénicas pecha o Treatrarte

RR_Noticias

Baixo a dirección de Cándido Pazó chega a Redondela “A piragua”, última das representacións do teatrarte que se poderá ver o sábado 17 ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira  

Tres anos despois da súa estrea, o director, o equipo artístico e o elenco que participou na montaxe do Centro Dramático Galego, reúnense novamente para dar vida a esta historia que aborda un tema de dolorosa actualidade, a violencia de xénero. O argumento parte dunha reunión dunha comunidade de veciño e do enfrontamento que se produce cando un dos propietarios protesta porque hai outros que usa a praza de garaxe para gardar unha piragua. O enfrontamento permitirá coñecer os dramáticos sucesos que están a acontecer nunha das vivendas. A obra, como todas as incluídas no ciclo da Concellería de Cultura, ten un prezo de 4 euros para o público en xeral, dous para estudantes e xubilados.

Cándido Pazó director e autor
Unha obra entretida e que leva á reflexión

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará