Os actos na lembranza do galeguista e ex alcalde da localidade no décimo aniversario do seu pasamento inclúen a presentación do libro “Fernando Pereira sempre con Galicia” e a actuación do grupo de música tradicional A Quenlla
Co gallo do 10 aniversario do seu pasamento, presentarase na tarde do sábado no multiusos de Arcade un libro biográfico do que fora alcalde de Soutomaior baixo o título “Fernando Pereira sempre con Galicia”.
Os actos darán comezo ás 18:00 horas no cemiterio de Arcade, onde haberá unha ofrenda floral. A continuación xa no multiusos farase a presentación do libro coas intervencións de Anxo Quintana, Xesús Alonso Montero e Bieito Ledo, ademais da familia do homenaxeado.
Haberá tamén unha actuación musical a cargo do grupo de música tradicional “A Quenlla”.
Ao remate servirase un viño de confraternidade na Casa cultural de Lourido na parroquia de Soutomaior.