Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Solicitan o rexeitamento da ampliación da AP-9 no Consello Parroquial de Chapela

RR_Noticias

O BNG solicita a convocatoria urxente do Consello parroquial de Chapela para abordar a ampliación da autoestrada e procurar un rexeitamento dun proxecto “que vai empeorar o problema de tráfico provocando un efecto funil”

O representante do Bloque no Consello parroquial de Chapela, Xabier Balsa ven de solicitar unha xuntanza urxente deste órgano consultivo co fin de tratar como único orde do día, as últimas novidades relativas ao proxecto de ampliación da ponte de Rande e do tramo da AP-9 que atravesa o Concello.
O obxectivo e “procurar un rexeitamento do proxecto por parte do Consello parroquial” tendo en conta que o proxecto de ampliación anunciado polo Ministerio de Fomento na pasada fin de semana “en ningún caso soluciona e incluso empeora, o problema de tráfico na AP-9, provocando un efecto “funil” na entrada á cidade de Vigo e na saída cara O Morrazo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará