A asociación de afectados pola ampliación da Autoestrada esixe o informe medioambiental e lembra que ten aberto un contencioso administrativo na Audiencia Nacional que podería paralizar o proxecto de Fomento.
Así o explicaba o voceiro da asociación Francisco Puch quen insiste en que na parroquia hai un rexeitamento total a que se constrúa un carril a maiores tal e como se anunciou dende o Ministerio. Mostra preocupación polas expropiación e consecuencias que esta actuación vai ter na parroquia e lembra que esta ampliación non vai solucionar os problemas de tráfico senón que vai incrementar o efecto funil en Vigo A asociación está a espera de que se lles remita toda a información sobre o proxecto para determinar que medidas concretas adoptar e lembran a exsitencia dun recurso contencioso administrativo ante a Audiencia Nacional para que a actuación se someta a estudo de impacto ambiental xa que consideran insuficientes os argumentos esgrimidos por fomento para librar ao proxecto deste trámite