A policía local tivo que intervir neste sinistro nas inmediacións do Muíño Vello e noutro accidente múltiple con dous feridos que se producía no Viso. Na fin de semana os axentes detiveron ademais a un home de 49 anos cando circulaba por dirección prohibida e sen carné de conducir polo paseo marítimo de Chapela
Dous motoristas resultaron feridos leves onte en Reboreda ao colidir dous ciclomotores. O accidente producíase ás 18:40 horas cando unha das motos accedeu a un camiño nas inmediacións do Muíño Vello e colidiu contra outro. Os dous feridos foron trasladados en ambulancia á clínica Fátima. Minutos despois producíase un segundo sinistro, neste caso en O Viso no que se viron implicados tres vehículos co balance de dous feridos leves.
Por outra banda, a policía local de Redondela detivo na tarde do domingo a Edelmiro A.M de 49 anos de idade cando circulaba por dirección prohibida sen permiso de conducir. Os feitos producíronse ás 16:45 horas cando nas inmediacións do paseo de Cardona unha patrulla policial decatouse da infracción que estaba a cometer un Rover Montero, que circulaba por unha rúa en sentido contrario. Logo de darlle o alto os axentes comprobaron que o condutor carecía de carné xa que só conta con licencia para ciclomotores. O home foi detido acusado dun delicto contra a seguridade vial e pasou xa a disposición xudicial.