Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O colectivo Alterarte mostra a súa obra no Multiusos

RR_Noticias

Acuarelistas, escultores, pintores ao óleo e outros artistas do Colectivo Alterarte mostran a súa obra nunha exposición multidisciplinar que se poderá visitar no Multiusos ata o vindeiro 5 de maio.

Atopamos entre outros artistas a Remedios Priegue, Chelo Rodríguez, Tania Ulloa, Carmen Balbuena, Azpeitia, Berta Saball, Carmen Pernas, Javier Pazó, Pascual Sanz, Angeles Jorreto, José Agra, Áurea Pousa, Justo Ilhuicamina ou José Veiga, quen nos recomendaba achegarnos a esta mostra de temática variada e técnicas como o óleo, acrílico, acuarela, aerógrafo ou escultura. Cada artista expón dúas ou tres obras segundo o seu tamaño, nas que mostran as súas técnicas e estilos. Alterarte é unha iniciativa que se creou co obxectivo de promover e difundir a arte galega máis actual, un proxecto dinámico e aberto a propostas cun concepto amplo que abrangue todo tipo de tendencias e manifestacións

Jose Veiga colectivo Alterarte
Recomenda achegarse á mostra para coñecer o variado xeito de interpretar a arte dende o colectivo
Difundir a arte galega actual
Proxectos variados e actuais para promover a arte galega

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará