Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A plataforma cidadá cuestiona a utilidade das futuras infraestruturas viarias

RR_Noticias

Entende que a ampliación da AP-9 e a Ponte de Rande non terá ningunha repercusión sobre o proxecto de execución da A-59 por “tratarse de estradas con funcionalidades diferentes” tal e como xa o recollía o estudo de tráfico da autovía

Dende o colectivo insisten en que o problema de tráfico que padece Vigo e a súa contorna débese a unha errónea planificación do trasporte de mercadorías e á inexistencia dun trasporte público eficiente que conecte á cidade co resto de localidades da área metropolitana. Rexeitase que ese problema circulatorio se vaia solucionar coa construcción da A-57 ou a A-59, cuxos proxectos foron xa adxudicados, pero tampouco coa ampliación da autoestrada AP-9. Entenden dende a Plataforma que o anuncio do Ministerio de axilizar a ampliación da Ponte de Rande e da AP-9 entre Cangas e Teis cun terceiro carril en cada sentido da marcha non vai ter ningunha repercusión sobre o proxecto de execución da A-59 entre Pontevedra e Vigo. Tino Míguez, dende a Plataforma Cidade explicaba que se trata de dúas vías cunha funcionalidade diferente “tal e como xa deixaba patente o estudo de tráfico” realizado no seu día pola administración onde se facía fincapé en que “a realización da coñecida como alternativa 5 non ía retirar tráfico da autoestrada”.  

Tino Miguez Plataforma Cidadá
O estudo de tráfico da autovía xa puña de manifesto que non haía relación entre a AP-9 e a A-57 en canto aos seus usuarios
Falta de planificación
O problema de tráfico non se vai solucionar coas novas infraestruturas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará