Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Falece un veciño de Vilar nun accidente de moto na A-52

RR_Noticias

O mozo falecido, de 23 anos de idade e veciño de Vilar, caia da moto que pilotaba e era atropelado por un Seat Ibiza. O sinistro producíase ao redor das dez da noite de onte na A-52 ao seu paso polo municipio ourensá de Trasmiras

Un mozo de 23 anos de díade e veciño da localidade de Vilar de Infesta faleceu ás dez da noite de onte nun accidente que se na autovía A-52 ao seu paso polo municipio ourensá de Trasmiras.
O accidente ocorreu cando o mozo Manuel C.M. caeu da moto que conducía e era atropelado posteriormente por un turismo, un Seat Ibiza, quen colidiu á súa vez con outro vehículo.
Como consecuencia do sinistro faleceu o motorista, mentres que os condutores dos turismo implicados, un mozo de 36 anos veciños da localidade ourensá de Rairiz de Veiga e un home de 52 anos veciños de Vigo resultaron ilesos.
Como consecuencia do sinistro a autovía estivo cortada durante máis dunha hora e rexistráronse retencións duns cinco quilómetros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará