O organismo provincial ven de aprobar a concesión de 280.000 euros aos concello de Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos para financiar investimentos. Unhas axudas que foron concedidas a través da Caixa de Anticipos e que teñen un prazo de amortización de 15 anos a interés cero.
Os 13 concellos beneficiados foron os únicos que presentaron solicitudes a esta concorrencia e entre eles atopamos a concesión feita ao concello de Soutomaior quen recibirá 225.000 euros para instalar céspede artificial no campo de fútbol e humanizar a rúa Rosalía de Castro.
Por outra banda Fornelos de Montes recibirá 38.700 euros para obras de camiños en Poulos en San Amaro, Misarela en Entrerríos e para un proxecto de reducción do gasto enerxético, mentres que Pazos de Borbén contará cunha axuda de 16.463 euros para investir nunha obra de accesos a núcleos en Areeiro, en Nespereira