Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O choco protagonista de fin de semana

RR_Noticias

Haberá música, verbenas e moito choco da ría na XXIV edición da festa gastronómica que comezará mañá coa apertura das casetas de degustación no Campo da Feira ás 12:30 horas. En o Viso celebran ademais a IV edición da Festa da Primavera

A fin de semana está marcada pola celebración da XXIV edición da festa do Choco. Durante dous días estímanse que serán 5.000 os quilos de cefalópodo que se despacharán nas sete casetas de degustación instaladas no campo da feira.
A cita gastronómica arrancará mañá coa apertura dos stands ás 13:30 horas baixo unha carpa que protexerá aos comensais das inclemencias meteorolóxicas. Pero haberá tamén música a cargo do grupo de gaitas asubíos de Cedeira e verbenas, o sábado ás 21:30 horas coas orquestras Anduriña e Grupo Alcotán e o domingo ás seis da tarde cos grupos lamas e Trío Nostalgias.
E como non o tradicional concurso gastronómico na mañá do domingo no que poden participar tanto a particulares como hostaleiros presentando os seus pratos elaborados a base de choco.
Festa da primavera
Música, baile e humor son as actividades que se van desenvolver a partir das 17:00 horas no Torreiro da Gándara en O Viso.
Con esta festa a Asociación Santa María do Viso pretende unir a todo o pobo nunha xornada lúdica onde poder gozar de diferentes estilos artísticos como baile tradicional, bandas de música ou pandereteiras.
Pasarán polo escenario os grupos de baile modernos de Saxamonde e Cabeiros, o grupo de baile e pandereteiras Anaquiños, a coral de Cesantes, a banda de música de Redondela e o grupo de baile moderno de Cabeiro. Unha cita que en edición anteriores incluía tamén os xogos tradicionais, actividade que foi eliminada do programa pola pouca participación. Por este motivo, dende a asociación o seu presidente, José Manuel Duran facía un chamamento para que os veciños acudan a esta cita.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará