Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Corenta embarcacións participarán na Regata de Trainerillas de Cesantes

RR_Noticias

Unha ducia de clubs da provincia de Pontevedra competirán na regata de Trainerillas que organiza o Club de Remo de Cesantes este sábado, cun total de 40 barcos nas categorías senior feminina, e xuvenil e senior na masculina. A cita é ás 17.00 horas.

Redondela estará representada na Regata de Trainerillas de Cesantes cun total de catro embarcacións. Será unha do Club de Remo de Cesantes, en categoría xuvenil masculina, e tres do club de Remo de Chapela, unha na categoría xuvenil masculina e dúas en senior, a segunda, a Chapela B, en colaboración co club Arealonga. Chapela ten moitas expectativas para esta proba, despois de que a pasada semana quedasen ás portas de acadar a II Bandeira Deputación, disputada en augas de Arealonga. O presidente do club, Fernando Collazo, explica que Tirán, que finalmente se impuxo nesa proba, está en mellores condicións ca eles, ao igual que outros clubs “que dispuxeron de máis tempo para preparar esta competición, ó non ter participado no Campionato de España”. Con todo son optimistas e agardar mellorar resultados nas próximas semanas e, sobre todo, “prepararse para a tempada de traíñas”. Despois da cita en Cesantes, a competición segue as próximas semanas, sen descanso, en Tirán, logo co Campionato Territorial e o Galego, que se disputarán en Meira, para rematar co Campionato de España, en Vilaxoán. Collazo destacaba a importancia de que Galicia acolla a proba nacional, o que reflicte, unha vez máis, o importante papel dos clubs do país neste deporte. O presidente do Chapela salientaba que o feito de que se celebre aquí “é bo para todos, os clubs, os afeccionados e os remeiros, que coñecen ben o campo de regatas”. A proba estatal disputarase o 12 de xuño, e o club de Chapela aspira a conseguir os mellores resultados.

Fernando Collazo presidente do Club de Remo de Chapela
No club agardan mellorar os resultados e preparase para a tempada de traíñas
Campionato de España
Collazo valora positivamente que a proba se dispute en Vilaxoán

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará