As persoas que se atopen en situación de busca de emprego poden acceder ao curso de deseño de páxinas web, que lles permitirá programar e xestionar aplicacións multimedia. O segundo dos cursos formará aos alumnos como telefonistas/recepcionistas de oficina. As accións formativas que comezarán o vindeiro 24 de maio
O Concello de Soutomaior iniciará o vindeiro 24 de maio dous cursos orientados a persoas desempregadas para a súa formación como telefonistas/recepcionistas de oficina ou como deseñadores de páxina web. No primeiro dos casos, o candidato deberá contar como único requisito co graduado escolar e ao longo de 575 horas, que se impartirán en horario de mañá ata o vindeiro 9 de novembro, aprenderá a xestionar as comunicación internas nunha empresa así como diferentes tarefas de asistencia e apoio administrativo básico. No caso de estar interesados en desenvolver o curso de deseñador web e multimedia, o aspirante deberá contar con estudos de FP1 na rama de informática ou ESO. O horario do curso será de 15:30 a 20:30 dende o 24 de maio ata o 10 de setembro, 375 horas nas que os alumnos aprenderán a deseñar e manter sitios web con ferramentas de última xeración así como crear, programar, xestionar aplicacións multimedia e produtos interactivos. Máis información no teléfono 986 705106