A parroquia de Pazos de Borbén ofrecerá pratos económicos elaborados con ovos da casa dentro da celebración da festa gastronómica que dedican a este sinxelo produto. Prepararanse 2.000 racións
Dende as once da mañá do domingo comezarán a servir os diferentes prazos, que van dende unha tortilla francesa pro tan só 2 euros ao polo estofado ou os grelos cocidos con chourizo e dous ovos por seis euros. O prato estrela, os ovos fritidos con patacas e chourizo e as tortillas venderanse a cinco euros. Pratos que segundo nos explicaba dende a organización a presidenta da Asociación de Veciños do Carme, María Iglesias irán acompañados de pan e unha filloa Durante toda a xornada haberá música e cantareiras amenizando o lugar e o pregón correrá a cargo do cociñeiro da TVG, Xacobe Pérez.