Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco tropeza en Santa Mariña e segue sen garantir o ascenso

RR_Noticias

Inesperado resultado no campo redondelán que deixa ó Choco sen poder celebrar polo de agora o ansiado ascenso a Terceira División. Así haberá que agardar á última xornada para saber se o soño se fai realidade. Será nun difícil encontro en Vilagarcía no que os de Julio Álvarez se van xogar a temporada.

Preferente Autonómica
Choco 1- Barbadás 1
O Choco non puido pasar do empate no partido disputado o domingo en Santa Mariña diante do Barbadás, equipo da metade da táboa. Na primeira metade do partido o Choco tentou facerse co dominio do xogo, pero todos os ataques batían contra a defensa dos visitantes. Foi no minuto 25 cando os redondeláns colleron vantaxe nunha falta sacada pola esquerda e o balón dentro da área foi cabeceado por Mario que poñía o 1-0 no marcador. A partir de aí os visitantes adiantaron as liñas e aínda que tampouco crearon ocasións, e foi a balón parado a poucos minutos do descanso cando, nun saque de esquina, Alex cabeceou á rede poñendo o 1-1. A segunda metade comezou cos de Julio Álvarez acosando a meta rival, pero o marcador non se moveu. Nunhas ocasións polo bo traballo da defensa, noutras polas intervencións do porteiro, Freire. E chegouse ó final co empate a un gol, polo que non será ata a última xornada cando saibamos se o Choco é equipo de Terceira División para a próxima temporada. Será no partido que disputarán no campo do Arosa, carto clasificado e que xa non se xoga nada nese final de liga.
 
Primeira Autonómica
Rap. Bouzas 1 – Arcade 4
Fermoso encontro o disputado o domingo no Baltasar Pujales de Bouzas, aínda que os locais non fixeron o seu mellor partido. Mentres, o Arcade, favoreceuse do regreso de Fon, que botou ó equipo ás costas e liderouno cara á vitoria. Fede e Hugo, con dous goles cada un, tamén destacaron. A vitoria deixa ó Arcade no 12º posto da táboa, ten 7 equipos por baixo, e polo tanto, estaría salvado do descenso. Pero quedan aínda tres partidos por diante. A seguinte final será diante do San Adrián, 6º clasificado.
  
Terceira Autonómica
A liga en terceira rematou sen que o Choco puidese disputar o seu partido no campo do Gran Peña, aínda que non se xogaban xa nada ningún dos equipos. Os de Redondela acabaron 7º do seu grupo
 
Nespereira 0- Oliveira 5O Nespereira caeu derrotado no último partido co Oliveira, por 0-5, e remata a liga como colista do seu grupo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará