Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Samertomaleu, Vilaxoán e Tirán fixéronse cos triunfos en Cesantes.

RR_Noticias

Os clubs de Redondela tiveron que conformarse con dúas medallas na II Regata Rodavigo organizada polo CC Deportivo de Cesantes e disputada nas augas fronte ó peirao. O Club de Remo de Chapela fíxose coa prata na categoría xuvenil masculina e os de Cesantes co bronce.

REMO- TRAINERILLAS
Samertomaleu, Vilaxoán e Tirán fixéronse cos triunfos en Cesantes. Os clubs de Redondela tiveron que conformarse con dúas medallas na II Regata Rodavigo organizada polo CC Deportivo de Cesantes. O Club de Remo de Chapela fíxose coa prata na categoría xuvenil masculina e os de Cesantes co bronce.
A regata, disputada o sábado fronte ó peirao de Cesantes, tivo en Samertolameu, Vilaxoán e Tirán ós seus vencedores nas categorías absoluta feminina, xuvenil masculina e absoluta masculina respectivamente. A clasificación feminina completouse coas remeiras do Náutico de Vigo e Bueu. Unha das probas máis disputadas foi na categoría xuvenil masculina, onde as embarcacións de Chapela e Cesantes foron segunda e terceira, respectivamente. Na categoría senior masculina, aos campións de Tirán, que repetiron o triunfo de regatas anteriores, seguíronlle Mecos e Remedios, con Chapela na cuarta praza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará