Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma en Defensa da Enseada San Simón pide nos tribunais a anulación da autorización ambiental a Aucosa

RR_Noticias

Os colectivos veciñais e sociais levan anos denunciando a actividade desta empresa, no litoral de Chapela polos problemas ambientais que xera nunha zona de especial protección como é a enseada. A Xunta de Galicia concedeulle á empresa a Autorización Ambiental Integrada, o que a Plataforma ven de denunciar no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Asociacións de Veciños e colectivos como a Plataforma en Defensa da Enseada San Simón levan anos denunciando a actividade da empresa Aucosa, na zona próxima ó estreito de Rande, polo cheiros “tóxicos e nauseabundos” que desprende. As denuncias téñense presentado no Concello, na Consellería de Medio Ambiente e na Autoridade Portuaria de Vigo, aínda que “sen resultados”. Desde a Plataforma explican que a empresa está ubicada nunha zona afectada polo LIC Rede Natura 2000 Enseada de San Simón, que prohibe todo tipo de actividade contaminante. O pasado ano a Xunta de Galicia concedeulle a esta factoría a Autorización Ambiental Integrada, polo que a Plataforma presentou unha demanda na Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Na demanda recollen os problemas ambientais que supón para os veciños da zona a actividade de Aucosa, os informes do Concello que sinalan a incompatibilidade da empresa co planeamento urbanístico, e un estudo da Universidade de Santiago onde se manifestan deficiencias no proxecto presentado por Aucosa para reducir os efectos da contaminación. Os veciños demandan ó tribunal que se anule a Autorización Ambiental Integrada e se traslade a fábrica a un lugar axeitado nun polígono industrial

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará