A compañía Teatro El Zurdo achega a Redondela a súa última obra “La Ruleta Rusa”, de Enric Benavent, dirixida por Luis Bermejo. A cita é no Multiusos da Xunqueira o sábado 29 ás 20.30 horas e o domingo 30 ás 19.00 horas.
O Auditorio da Xunqueira acolle esta fin de semana unha función dobre da compañía El Zurdo, que pon en escea a súa última producción, “La Ruleta Rusa”, escrita por Enric Benavent e baseada en textos de Chéjov, baixo a dirección de Luis Bermejo. Unha obra que, segundo explicaba un dos membros da compañía, Luis Crespo, mistura “as propias contradiccións da vida”. Drama, comedia e musical danse a man nalgo máis de hora e media de espectáculo. No reparto atopamos a Marcos Marín, Tino Martínez, Mónica Monferrer, Paloma Mozo e Fernando Otero. A cita é no Multiusos da Xunqueira o sábado 29 ás 20.30 horas e o domingo 30 ás 19.00 horas. Trátase dunha interesante obra recomendada pola Red Nacional de Teatros Redescena e que obtivo xa importantes galardóns como o premio á mellor interpretación masculina no Festival de Teatro Ciudad de Palencia.