Unha patrulla detivo a un condutor de 58 anos despois de verse implicado nun accidente na Avenida de Vigo. Nun primeiro momento negouse a facer a proba de alcolemia, polo que foi trasladado á comisaría. Alí accedeu a someterse á proba, que deu unha taxa de 1,08 miligramos.
A policía local detivo a un condutor en Chapela que cuatriplicaba a taxa de alcol permitida. O detido é un condutor de 58 anos, e está acusado dun delito contra a seguridade do tráfico ó conducir cunha taxa de alcol de 1,08 miligramos, o que multiplica por catro o permitido pola lei. Segundo informou a Policía Local, os feitos producíronse ás 15.30 horas ó colidir dous coches na Avda. De Vigo, na intersección con Folón. Os axentes que acudiron ó sinistro observaron que o condutor dun dos turismos, un Citroën AX, presentaba evidentes síntomas de embriaguez, polo que lle solicitaron que se sometese a un control de alcolemia, con resultado positivo. O home negouse nun primeiro momento, polo que foi trasladado ás dependencias policiais. Xa na comisaría accedeu a realizar a proba, que deu positiva. Unha patrulla trasladou ó detido a dependencias da Policía Nacional de Vigo para ser posto a disposición xudicial.