Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Intercambio cultural entre Redondela e Monçao

RR_Noticias

Logo de que os alumnos de secundaria de Redondela visitaran a pasado mes de abril o país veciño mañá venres serán preto de 50 estudantes lusos os que se acheguen ao noso Concello dentro do programa de intercambio cultural que desenvolven centros de ambos municipios. Os membros da Escola de Ensino Secundario e Eprami-Escola Profissional do Alto Miño pasarán unha xornada educativa na Illa de San Simón e visitarán os centros redondeláns que participan na iniciativa.

O programa de intercambio cultural, no que participan alumnos de entre 15 e 16 anos que cursan cuarto da ESO, arrancaba o pasado mes de abril coa visita dos rapaces do IES Mendiño, IES Pedro Floriani, IES Illa de San Simón e IES de Chapela a Monção, onde puideron comprobar as semellanzas e diferencias da práctica educativa, das tradicións e características culturais ademais de descubrir a utilidade da lingua galega para desenvolverse con normalidade no país veciño. Agora é a quenda de Monçao de onde chegarán na xornada de mañá, 48 estudantes e seis mestres que visitarán os centros educativos redondeláns, para coñecer a oferta do sistema educativo galego, o funcionamento dos centros e as semellanzas entre as tradicións culturais de ambas vilas. O resto do día pasarano na Illa de San Simón en compaña dos alumnos redondeláns. En total serán 150 os estudantes que visitarán o antigo Lazareto.
O obxectivo deste programa, que puxo en marcha a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística, é establecer unha ponte de unión cultural entre a mocidade redondelá e lusa que se manteña no vindeiro curso.
 
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará