Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Bolechas fomentan o galego en Soutomaior

RR_Noticias

Queremos Galego organiza este venres, a partir das 20.00 horas, un acto en Arcade no que participará o debuxante Pepe Carreiro. A plataforma continuará a recollida de sinaturas a prol da Iniciativa Lexislativa Popular para garantir os dereitos lingüísticos dos galegos.

Carlos, Loli, Pili, Sonia, Tatá e Chispa estarán este venres na Alameda de Talorío da man do seu creador, o ilustrador Pepe Carreiro, que debuxará para os cativos uns dos personaxes máis coñecidos da literatura galega intantíl da actualidade, os Bolechas. Convidado pola plataforma cidadá Queremos Galego, Carreiro animará aos rapaces a que falen na nosa lingua.
Durante o acto, que comezará ás 20.00 horas, a plataforma instalará unha mesa informativa na que os asistentes poderán asinar en denfensa da Iniciativa Lexislativa Popular que persegue garantir os dereitos lingüísticos dos galegos e manifestar o seu apoio a Lei de Normalización Lingüística e ao Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, dúas normas que foron aprobadas por unanimidade no Parlamento galego.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará