Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de Remo de Chapela acada un 4º e un 5º posto no Campionato Galego

RR_Noticias

Con estes resultados os de Chapela non conseguen clasificarse para a proba Nacional, que se disputa a próxima fin de semana en Vilaxoán, e na que participarán os tres primeiros de cada categoría na eliminatoria autonómica. Os campións foron Tirán en absoluto masculino, Robaleira en xuvenís e Samertolaméu en absoluto feminino.

TRAINERILLASO Club de Remo de Chapela quedou fóra do Campionato Nacional, e tiveron que conformarse coa cuarta praza na categoría absoluta masculina, e coa quinta na categoría xuvenil, nun Campionato de Galicia moi disputado na enseada de Meira (Moaña). Foron tres finais moi igualadas e algunha até a última palada. Os campións foron Tirán en absoluto masculino, Robaleira en xuvenís e Samertolaméu en absoluto feminino.
A xornada arrincou coa final de mozas e Samertolaméu pronto se foi na cabeza dominando a proba. Secundáronas moi ben, pero a distancia, Náutico de Vigo e Mecos pola segunda e terceira praza que daban opción a participar no Campionato de España.
A final xuvenil masculina brindou un duelo intenso entre Robaleira e Vilaxoán, que pronto despuntaron na cabeza. Só a metade de regata os da Guarda puideron despegarse dos arousáns, mentres que Cabo Cruz mantíñase en terceira posición.
E a final absoluta masculina foi a máis disputada, con cinco tripulacións con grandes aspiracións. Tirán, Remedios e Náutico de Boiro tiveron que empregarse a fondo con alternativas na proa de regata que se decidiu no último longo. Os de Chapela empezaron ben, pero non puideron seguir o ritmo dos tres primeiros.
Os tres primeiros clasificados en cada categoría competirán no Campionato de España, que se disputa a próxima fin de semana en Vilaxoán

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará