Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festas parroquiais, presentacións literarias e roteiros centran as citas da fin de semana

RR_Noticias

Deixando a un lado a programación do Festival Millo Verde, dende hoxe e ata o domingo hai outras alternativas para o tempo de ocio que pasan pola presentación do libro Pedras Labradas, as actuación do transformista Cristian, as festas patronais na honra de San Antonio e un roteiro polos montes de Ventosela e O Viso

Ás 20:00 horas de hoxe preséntase na Casa da cultura o libro de poemas Pedras Labradas, quinto libro do redondelán Amante Romero e primeiro da súa producción en lingua galega. Un salto en gran parte favorecido polo apoio que recibiu dende a concellería de normalización lingüística. Temática variada nunha escolma de textos poéticos que van dende o amor á nostalxia pasando pola exaltación do entorno. O acto de hoxe estará presentado por Suso Ben, haberá música e intervención da concelleira de normalización Anxeles babarro e o edil de cultura Eduardo Reguera Serán en O Viso Tamén hai actividades en O Viso onde esta fin de semana se celebran as festas na honra de San Antonio con verbenas, actos relixiosos e un serán que comezará esta mesma tarde ás 21:30 horas e no que se servirá sadiñas, chourizo e viño a todos os asistentes. Transformismo no Multiusos Lembramos tamén a dobre actuación do transformista Crsitian. O espectáculo poderá verse mañá sábado e o domingo ás 20:00 horas no multiusos de A Xunqueira. Polo escenario pasarán os diferentes personaxes deste coñecido transformista como Rocío Jurado, Isabel Pantoja, Lola Flores ou Lina Morgan. O prezo da entrada é de dez euros. Roteiro polos monte de Ventosela e O Viso E os que prefiran actividades deportivas e en contacto coa natureza temos a proposta que nos achega a plataforma cidadá cun roteiro polo montes de Ventosela e O Viso este domingo día 13. Unha camiñata que se inclúe nun programa de roteiros que teñen como obxectivo dar a coñecer o patrimonio cultural, paisaxístico e culturas dos nosos montes incidindo na importancia da súa conservación. Os participantes sairán ás 10 da mañá dende a Igrexa de O Viso.

Amante Romero poeta
O autor do libro Pedras labradas falaba da súa temática

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará