Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de Remo de Chapela comeza a temporada de traiñeiras no Grove

RR_Noticias

Mañá sábado presentarase no Grove o calendario para a Liga Galega de Traiñeiras, onde tamén se disputará, xa pola tarde, a Bandeira Deputación de Pontevedra. A competición ligueira comezará o domingo en Ares, e rematará o 29 de agosto en Vilagarcía.

A primeira regata da temporada de traiñeiras será a Bandeira Deputación de Pontevedra, que se celebra mañá sábado pola tarde no Grove coa participación de todos os clubs da provincia. Xa o domingo disputarase a primeira proba ligueira. Será en augas coruñesas, o domingo, ás 11.30 horas, coa III Bandeira Concello de Ares. O resultado desta proba pode dar “sorpresas”, xa que será a primeira da temporada e ademais a previsión meteorolóxica anuncia “fortes ventos” para o litoral coruñés. Desde o Club de Remo de Chapela son optimistas, e aseguran que a preparación en bateis e trainerillas foi “moi boa”, cuns espléndidos resultados. Por iso o presidente do club, Fernando Collazo, aposta porque o barco redondelán acabe a liga “entre os cinco primeiros”, nunha liga na que terán “un claro dominio” os clubs da provincia de Pontevedra. Collazo, ademais dos de Chapela, aposta por Náutico de Vigo, Mecos e Amegrove como favoritos. A liga continuará a próxima fin de semana en Muros, e a seguinte cita será o 3 de xullo en Chapela, coa XXIV bandeira Concello de Redondela.

Fernando Collazo presidente do club
A regata en Ares será a primeira da Liga Galega

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará