A organización espera a chegada de 3.000 persoas para asistir aos concertos que se celebrarán baixo unha gran carpa no anexo do Campo de Santa Mariña. As actividades de rúa previstas para esta tarde – rocódromo, jam graffiti. torneo de baloncesto e obradoiros- celebraranse na xornada de mañá e o domingo
A gran carpa que se instalará no anexo do Campo de Santa Mariña permitirá que se celebren os concertos que esta noite ás 21:00 horas iniciarán a programación musical da IV edición do Festival Millo Verde. Así hoxe actuarán o grupo francés Funky Style Brass, Beatmac, Cuchufellos, Zibabu e Skakeo. A entrada é de balde e inclúe tamén a posibilidade de acampar nunha zona habilitada xunto ao río.
Pero si haberá cambios no programa por mor das precipitacións que se esperan na xornada de hoxe venres. Así, o rocódromo celebrarase o sábado e domingo, mentres que a Jam graffiti, o torneo de baloncesto 3×3 e os obradoiros celebraranse o sábado durante todo o día. Finalmente, a actuación do artista de rúa Isla Le Trisca actuará antes dos concertos, no recinto do Festival.
A programación de mañá polo tanto será intensa xa que a todas as actividades desprazadas hai que engadir as que xa estaban prevista para o sábado, como o mercado de troco nos soportais do concello entre as 11 e a unha do mediodía e o teatro na Alameda coa compañía Pés Ceibes.
Sobre o escenario poderemos ver o rock industrial dos vigueses Minim, a fanfarria holandesa Caspian Hat Dance, o Fol. Santiagués de Pan de Capazo, o rap madrileño de Laimposible e a música eletrónica de Arritmic.
A organización espera recibir a máis de 3.000 espectadores.