Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 400 persoas participaron na III Carreira Vila de Redondela

RR_Noticias

Éxito de participación na proba de atletismo disputada onte en Redondela, xa que se duplicou o número de participantes da pasada edición. Máis de 400 persoas chegaron á meta. Desde a organización amosáronse “encantados”, tanto pola alta participación como polo gran nivel dos corredores que se fixeron cos primeiros postos, como Daniel Barguiela e Akka Essasoui

Cumpríronse sobradamente as previsións máis optimistas para a III Carreira Vila de Redondela. A proba, cun percorrido de 6 quilómetros entre Redondela e Cesantes, superou as expectativas de participación, xa que máis de 400 persoas cruzaron a liña de meta. Precisamente, contar co maior número posible de corredores era a intención da Piscina Municipal e da Concellería de Deportes, que organizaron a proba. Segundo José Bamio, xerente da piscina, a carreira discorreu sen incidentes, e os participantes gozaron dunhas condicións meteorolóxicas “inmellorables”. Bamio salientou tamén a “máxima satisfacción” por parte da organización, tanto pola numerosa participación, como polo gran nivel dos corredores que acapararon os primeiros postos da proba. Cabe destacar ó gañador na categoría absoluta, o ponteareán Daniel Barguiela, seguido do marroquí Akka Essadoui, dous atletas que fixeron o percorrido en menos de 18 minutos. O terceira clasificado foi Rubén Pereira. En canto ós redondeláns, o primeiro en chegar a meta foi Antonio Sobrado, cun tempo de 20 minutos, que na xeral acadaba a 10ª posición.
Na categoría feminina a vilagarciá Guadalupe Lodeiro fíxose co ouro,seguida de María Figueroa e a redondelá Teresa González en terceiro lugar. Pero todos os participantes recibiron un agasallo ó chegar a meta, que consistiu nunha camiseta de atletismo. Ademais a organización recoñeceu cun trofeo ó participante de máis idade, o redondelán José Antonio Méndez, que ós seu 68 anos rematou a carreira nun tempo de 31 minutos.
Lembrar tamén que esta foi a última oportunidade en Redondela de disputar un circuíto urbano de 6 quilómetros, xa que a partir de 2011 a carreira será entre Chapela e Redondela, sobre un traxecto de dez quilómetros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará