Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un milleiro de camións atravesarán Chapela coa posta en funcionamento da rotonda de Rande

RR_Noticias

Dentro de dous meses estarán rematadas as obras da glorieta na saída da AP-9 en Cabanas. Nese momento o Concello de Vigo prohibirá o paso de trailers por Sanjurjo Badía, en Teis. Deste xeito os camións veranse obrigados a coller a autoestrada ata a saída de Redondela e facer o cambio de sentido na glorieta para volver por Chapela ata as industrias frigóricas de destino.

Augúranse máis problemas para o tráfico en Chapela coa posta en funcionamento da rotonda en Rande. Unha vez rematadas as obras o Concello de Vigo prohibirá o paso de tráfico pesado pola avenida Sanjurjo Badía, polo que os camións se desviarán pola autoestrada, collerán a saída de Redondela e farán o cambio de sentido na nova rotonda para dirixirse a Chapela. Calcúlase que serán máis dun milleiro os trailers que utilicen habitualmente este traxecto. Será no prazo aproximado de dous meses, cando está previsto finalizar a construción da glorieta de Cabanas, á saída da AP-9 . Entón os camións que saen do Porto e cruzan agora Teis cara ás industrias frigoríficas de Chapela deberán incorporarse directamente á autoestrada, abandonala antes de entrar na ponte, e regresar pola N-552 e a avenida de Vigo para chegar ao seu destino. A glorieta, de grandes dimensións, permite o xiro dos camións, unha manobra agora inviable. Cando estea operativa, o departamento de Tráfico de Vigo instalará sinais en Sanjurjo Badía para advertir de que non está autorizado o paso aos camións de máis de dez toneladas. Actualmente están en vigor en Vigo 2.500 autorizacións, o 40%, uns 1.000 camións, cruzan Sanjurjo Badía. A partir de agosto farano por Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará