Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O xuiz envía a prisión ao armador de Cesantes, Jesús Sobral Andreu

RR_Noticias

O armador do Andreu III con base en Vigo, está acusado de tenencia ilícita de explosivos e atentado ecolóxico motivo polo que o xuíz decretou o seu ingreso na prisión de A Lama. Outros dous detidos, o armador e patrón do Nueva Herminia III quedaron en liberdade con cargos. Hoxe está previsto que presten declaración o patrón maior de Vigo, José Antonio Tizón e outros cinco detidos máis.

O xuiz de Cambados que investiga o uso de explosivos nos barcos pesqueiros ordenou onte o ingreso en prisión dun dos armadores do Andreu III de Cesantes, Jesús Sobral Andreu de 60 anos.A embarcación de cerco, con base no porto de Vigo, é unha das que estaba sendo investigada pola garda civil por empregar o uso de dinamita na pesca da sardiña.
A Sobral Andreu se lle imputan varios delictos contra o medio ambiente así como tenencia de explosivos. O xuíz ditou prisión sen fianza contra o imputado logo de que prestase declaración ata en tres ocasións ao longo da xornada de onte.
Tamén na tarde de onte prestaron declaración no xulgado de Cambados o armador e patrón do Nueva Herminia III. O xuíz deixounos en liberdade aínda que seguen imputados polo que terán que presentarse cada quince dáis no xulgado e se lles prohibe saír do país.
A previsión é que hoxe declares o resto dos implicados, entre eles o patrón maior de Vigo, José Antonio Tizón, o seu fillo e tamén un fillo do armador de Cesantes detido.
Todas estas detencións están enmarcadas na Operación Abuelo, unha investigación que se iniciou meses atrás logo de varias denuncias polo uso da dinamita.
O delegado do Goberno Antón Louro non desbota que se produzan máis detencións relacionadas coa pesca ilegal con explosivos. Explicou que a operación que leva a cabo a Garda Civil se estende a toda Galicia e segue aberta polo que confía que “aínda siga dando froitos xa que a o volume de información recabado polas forzas de seguridade é importantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará