Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Premios Lois Peña Novo premian a política lingüística do Concello de Burela

RR_Noticias

O modelo de divulgación do galego desenvolvido nas escolas deste concello onde se asenta unha importante comunidade africana, fixo posible que o 81% da poboación fale en galego, segundo os datos aportados pola administración local. Nesta edición a Fundación recoñece tamén a actividade do Foro de Avogados Lugo e a labor do filólogo Ramón Lorenzo López.

O Castelo de Soutomaior acollerá este mércores a decimo sexta edición dos premios Lois Peña Novo.Os premiados nestas edición son o Concello de Burela pola política de alfabetización levada a cabo coa comunidade africana asentada no seu territorio, o Foro de Avogados Lugo S.C.P., un bufete de profesionais do Dereito que se distingue pola súa actividade realizada en lingua galega nas instancias xudiciais e ao filólogo e investigador de proxección internacional, Ramón Lorenzo López de quen destacan no fallo do xurado “as súas achegas para a creación dunha linguaxe xurídica galega”.
No transcurso do acto, que comezará ás 20:00 horas do vindeiro mércores día 30 nas instalación da Pousada do Castelo, homenaxearase tamén a Victorino Gutierrez Aller, notario da vila de Lalín e autor de milleiros de protocolos notariais redactados en lingua galega.
Como cada ano a fundación recoñece así a labor destas entidades e persoas na defensa e promoción do uso do idioma galego no seu desenvolver profesional.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará