A asociación de veciños convoca a bañistas e usuarios do areal a participar nesta xornada o sábado ás 11:00 horas. Pretenden así chamar a atención para que se melloren as labores de limpeza que realiza o Concello na praia
A asociación de veciños convoca para mañá unha nova xornada reivindicativa de retirada de vidros e restos de cascallos do areal de Arealonga. Un acto que se repite así por terceira vez en tan só un mes co que os usuarios do areal queren reclamar ao departamento de Medio Ambiente unha actuación integral na praia. Os veciños abordaban este asunto na xornada de onte no Consello parroquial extraordinario que preside o edil Emilio González Iglesias. Unha reunión que non chegou a bo porto logo de que dende a asociación veciñal se insistira en que a area da praia está chea de cascallos, vidros e restos de obras, cuestión que negan dende o A presidenta da asociación, Anxeles Méndez non rebate que non se estean a realizar labores de limpeza en Arealonga pero insiste en que non se fan de xeito correcto como o acredita a lixo recollido en xornadas anteriores Mañá gravarán os traballos de limpeza e subirán o vídeo a Internet para demostrar que a praia si necesita dunha mellora nos traballos