Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Garda Civil localiza mergullados no peirao 40 detonadores para a pesca con dinamita

RR_Noticias

A operación aberta o pasado 22 de xuño contra a pesca ilegal con explosivos continúan a dar os seus froitos. Onte en Cesantes eran localizados 40 detonadores escondidos baixo a auga.

A operación Abuelo aberta pola Garda Civil para desmantelar unha rede de pesca ilegal con dinamita segue sacando á luz novas probas que sustentan a trama. Na xornada de onte os traballos desenvolvidos por unha unidade especializada da garda Civil no peirao de Cesantes deu os seus froitos e concluiu coa localización de 40 detonadores de explosivos que se atopaban escondidos baixo a auga.
Precisamente, o patrón maior de Cesantes, Clemente Bastos, mostrábase hai tna só un días sorprendido e demandaba sancións exemplares para todos os implicados nesta trama de pesca ilegal.
A operación iniciárase o pasado 22 de xuño en Vigo, cando foron requisados 10 quilos de explosivos e 400 detonadores. Tres días despois, os axentes policiais especializados na procura e desactivación de explosivos atoparon un verdadeiro arsenal oculto nunha leira de Portonovo (Sanxenxo). Tratábase de máis de cen quilos de dinamita e mil detonadores ocultos en garrafas.
Os trece mariñeiros que foron detidos nos últimos dez días como sospeitosos de formar parte dunha rede que pescaba sardiña con dinamita están xa libres. Entre os imputados atópanse o patrón maior da Confraría de Pescadores de Vigo, José Antonio Tizón así como o armador de Redondela Juan Sobral Rivas.
Entre as moitas cuestións que seguen abertas dentro da investigación, falta por aclarar a orixe dos explosivos, aínda que as sospeitas apuntan a que a dinamita supostamente utilizada para a pesca entrou en Galicia a través de Portugal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará