Os afectados afirman ter que renunciar a vía xudicial por carecer de financimento para asumir os custes do recurso ante a Audiencia Nacional para reclamar que se someta a estudo de impacto medioambiental a ampliación da AP-9. O edil Carlos Pazos entende que non é deber do concello financiar accións xudiciais desenvolvidas por particulares.
O responsable desta concellería, Carlos Pazos, entende que non é responsabilidade concello financiar as accións xudiciais desenvolvidas por particulares. Unha afirmación que o edil facía logo de que un grupo de veciños da parroquia de Chapela acudise a este departamento solicitando que a administración local financiase os gastos xurídicos e periciais que permitisen interpoñer un recurso contencioso administrativo ante a Audiencia nacional. O obxectivo dos veciños era reclamar do Ministerio que se someta a estudo de impacto medioambiental o proxecto de ampliación da AP-9, unha actuación que roldaría segundo as estimacións veciñais os 15.000 euros. Pazos entende que o Concello xa platexou no seu momento as actuacións que lles correspondía e que non é deber da administración local “financiar contenciosos de particulares” O edil engade que unha resposta máis activa por parte dos veciños podería influír na decisión de Fomento sobre a ampliación da autoestrada. Asamblea veciñalOs afectados pola ampliación convocan unha asemblea esta tarde ás 20:30 horas. A reunión terá lugar nas instalacións do Colexio igrexa. O obxectivo da xuntanza e informar das últimas novidades sobre o proxecto de ampliación do vial e sobre o contencioso presentado ante a Audiencia nacional. A directiva da asociación de afectados solicita unha presenza masiva dos veciños.