Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta advirte a Fomento das importantes afeccións da ampliación da AP-9 en Chapela

RR_Noticias

O Concelleiro de infraestruturas entende que o Ministerio debería ser sensible a estas afección e entende prioritaria a alternativa a Rande antes de ampliar a autoestrada  

Os veciños da asociación de afectados pola ampliación da AP-9 en Chapela veñen de atopar un aliado no Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, Agustín Hernández. O popular afirmou onte que na ampliación da AP-9 se debería ter en conta o evidente impacto que terá o terceiro carril  “tanto na zona urbana de Redondela en Chapela como en Teis”. O conselleiro reclamou ademais unha autovía gratuíta e alternativa á AP-9 por considerar que é mais urxente impulsar este obra antes que plantexar outras actuación na propia Autoestrada do Atlántico. Asegurou ademais estar moi preocupado polas noticias que falan de atrasos e reformulación na coñecida como A-57 que debería comunica Pontevedra e Vigo pero que tamén afectaría de cheo ao noso municipio.

Agustín Hernández Conselleiro
Alerta das importantes afeccións que terá a obra en Chapela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará