A regata da Guarda desfará o empate no liderado que comparten Samertolameu e Amegrove. Mentres o obxectivo dos redondeláns é continuar coa súa senda de regularidade para manterse nos postos de cabeza. Agora ostentan a terceira praza.
Continúa a Liga Galega de Traiñeiras . As regatas desta fin de semana dispútanse as dúas na nosa provincia. Mañá sábado a cita é coa I Bandeira Concello de A Guarda, será ás 17.30 horas; o domingo a cita é coa XVIII Bandeira Concello de Vigo, desde as 11.30 da mañá. A proba da Guarda servirá para desfacer o empate que agora reflicte a clasificación da Liga Galega de Traiñeiras entre os clubs Samertolameu e Amegrove, que comparten o liderado por diante do Club de Remo de Chapela, terceiro clasificado. A competición comezará ás 17.30 e será un novo pulso no apaixonante duelo que están a protagonizar as bancadas de Meira e O Gove.
Ao día seguinte, as tripulacións desprazaranse a Vigo, para disputar a Bandeira da cidade olívica. A regata dará comezo o domingo 25 de Xullo ás 11.00 horas, sendo este ano a primeira vez que se celebra de forma oficial a Bandeira Feminina Concello de Vigo. Celebrarase en primeiro lugar esta última, coa participación das tres traineras femininas. A continuación comezarán as tandas masculinas, ás horas 11.30. As traiñeiras xóganse un total de 1.200 euros en premios no caso da bandeira feminina (600, 360 e 240 euros) e 12.000 no caso da masculina, sendo 1.675 euros para o primeiro, 1.375 para o segundo e 1.100 para o terceiro clasificado. Esta proba será retransmitida en directo por V Televisión a partir das 11.30 horas.