Na extinción do lume, que afectou a unha superficie dunha hectarea, traballaron efectivos do Grumir de Redondela e dous camións de Medio Rural.
Un incendio forestal ao mediodía e onte no lugar de Comboa en Soutomaior provocou a alarma no vecindario ao producirse a tan só dez metros de tres vivendas. Na extinción do lume participaron efectivos do Grumir de Redondela cunha autobomba e un vehículo de primeira intervención. Sumáronse tamén as labores de extinción dous camións de Medio rural, dous helicópteros e outras tanta cuadrillas do Seaga. Nas tarefas que se prolongaron dende o mediodía ata as tres da tarde, colaboraron tamén os propios veciños da zona e pese á proximidade das vivendas non correron risco por estaren separadas do lume por un camiño. A superficie calcinada foi de aproximadamente unha hectárea.