Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os locais de copas poderán abrir en rúas de menos de catro metros de ancho

RR_Noticias

A normativa autonómica, pola que se regulará a concesión de licencias aos propietarios de pubs e similares logo de que hoxe se derrogase a ordenanza municipal, rebaixa en medio metro a anchura das rúas nas que se poden instalar estes establecementos

A corporación acordou hoxe por unanimidade derrogar a ordenanza municipal reguladora das condicións esixibles aos propietarios de pubs, bares e similares para obter a licencia municipal que lles permita exercer dita actividade. Unha ordenanza que entre outros requisitos establecía que só se podería outorgar dita licencia a aqueles establecementos instalados en rúas de máis de catro metros de ancho e que agora será substituída por outras normativas de ámbito galego que si permiten esta actividade en rúas de menor anchura. O edil de urbanismo, Emilio González Iglesias, insistía en que se manteñen o resto dos requisitos esixibles para desenvolver esta actividade, tales como insonorización dos locais e que dende o concello se está a traballar nunha nova ordenanza orientada a evitar que haxa unha proliferación de pubs nunha mesma rúa. O obxectivo é conciliar a vida e o descanso dos veciños co ocio nocturno.

Emilio González Iglesias edil de urbanismo
Nunha pequena entrevista o edil explica cales son as consecuencias da derrogación da ordenanza municipal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará