500 rapaces de entre 4 e 13 anos participan na XXVIII edición do campionato infantil, alevín, benxamín e promesa que se vai disputar durante todo o mes na pista da Xunqueira.
Os equipos inscritos, un total de 47 o que supón récord absoluto nesta XXVIII edición, proceden maioritariamente de Redondela, aínda que tamén hai unha presenza destacada de equipos de Vilaboa e dúas participacións internacionais, xa que hai dous equipos formados integramente por nenos saharaiuis que están a pasar as súas vacacións no noso concello en familias de acollida Os partidos disputaranse na pista da Xunqueira, sendo o primeiro da tarde ás 19:30 horas ata as nove e media o último do día. Un calendario moi apertado polo incremento notable no número de equipos o que fai que dende a organización crucen os dedos para que non chova e o mal tempo obrigue a adiar os encontros e buscar novas datas. Onte tiña lugar a primeira das xornadas onde xa se puideron ver xogadas interesantes que fan prever unha boa canteira no fútbol sala.