Un total de cinco agrupacións musicais participarán no concerto que terá lugar o venres día 6 na praia fluvial do concello. Previamente e durante todo o día poderase degustar polbo e churrasco nas carballeiras e arredores da praia amenizado o xantar polo grupo de música tradicional “A pedra arca”.
Xa pola noite subiranse ao escenario a banda de gaitas do concello de Fornelos, e os grupos folk Renato Spencer & Café Caxasa e Zurrumalla. Actuará tamén o gaiteiro asturiano Xuacu Amieva e a súa banda e, dende Vigo, chegará a banda liderada por Álvaro Costas, recentemente premiada no festival de Ortigueira. Un festival folk que celebra a súa XI edición e que está enmarcado dentro das Festas na honras de San Lourenzo e o Santo Cristo de Fornelos que continuarán na vindeira semana o día 9 cos tradicionais actos relixiosos e a verbena a partir das 23:00 horas amenizada polas orquestras Triunfo e Tokío. O martes día 10 as 21:30 actuarán a banda de música de A Estrada e a continuación haberá baile nocturno con Sintonía de Vigo e Gran Parada, dúas grandes orquestra para amenizar o día grande das festas O último día, o mércores 11 será a banda de música de Redondela a encargada dos pasarrúas e as orquestras Millenium e Alkar as que pecharán a xornada coa verbena a partir das 23:00 horas.