Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela renova o seu convenio coa Mesa para a normalización do galego

RR_Noticias

O concello aporta unha achega de 3.000 euros para o desenvolvemento de campañas de sensibilización a prol do uso do idioma. Incidirase especialmente no comercio, a hostalaría e nas actividades deportivas e de lecer.

A Concellería de Normalización asinou hai escasos minutos un novo convenio coa Mesa pola Normalización Lingüística. O acordo permite que ambas entidades colaboren en campañas a prol dun uso normal do galego en tódolos ámbitos da vida redondelá. A Mesa vai aportar material informativo e asesoramento ao Concello para levar a cabo campañas de sensibilización e galeguización, principalmente nos ámbitos socioeconómicos, con incidencia en comercios, na hostalaría así como en actividades de lecer e deporte, segundo explicacións da técnica en normalización Eva García Rei. Para financiar estas actividades o Concello realiza unha achega económica de 3.000 euros, cantidade que a secretaria da Mesa, Iria Taibo entende imprescindible para seguir a desenvolver un traballo de difusión e normalización da lingua. En concreto destacou o compromiso que ano tras ano Redondela renova con este organismo para seguir e lembrou que é imprescindible o traballo da administración local de cara a normalizar o uso do idioma.

Iria Taibo representante de A Mesa
O apoio dos concellos é imprescindible para avanzar na normalización do idioma
Eva García Rei técnica de normalización
A achega económica servirá para realizar campañas de normalización

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará