No mes de agosto desenvolverán dúas actividades, un simposio de pintores e unha xuntanza de alcaldes. En setembro teñen previsto reunir na Illa aos traballadores que xestionan os albergues de peregrinos no Camiño Portugués
A Fundación Illa de San Simón en colaboración coa Fundación Camiño de Santiago anuncian a celebración de novas actividades no espacio insular que non estarán abertas ao público en xeral.
De feito, o vindeiro venres día 20 celebrarase un simposio de pintores que terá como leit motiv a pintura no camiño. O día 25 San Simón acollerá un encontro de alcalde dos municipios polos que pasa o Camiño Portugués a Santiago.
Xa en setembro deste 2010, a Fundación Camiño de Santiago xuntará a hospitaleiros e hospitaleiras que atenden os peregrinos nos Albergues do Camiño Portugués dende Oporto a Santiago. No ámbito desta colaboración, que pretende ter continuidade, serán programados máis eventos no ano 2011, en favor da difusión da cultura e valores relacionados coas rutas xacobeas.