O obradoiro de 270 horas de duración está dirixido a persoas desempregadas e comezarán a finais de agosto. As persoas interesadas poden inscribirse na oficina de desenvolvemento local ou no teléfono 986402664 antes do mércores 25 de agosto
O curso de “Atención especializada para enfermos de Alzheimer” está enmarcado dentro das acción formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas quen recibirán formación en todo o relacionado coa doenza, dende os seus síntomas, etapas, diagnósticos e sobre todo como axudar e tratar ao paciente.
Ao longo de 270 horas os asistentes adquirirán coñecementos sobre os tratamentos existentes en torno á enfermidade, así como as complicacións físicas e psíquicas que padece o enfermo. Tamén se prestará especial atención aos coidados especializados que se deben proporcionar ao doente.
Para acceder a esta formación é preciso contar con FP1 na rama sanitaria, ser auxiliar de enfermería ou ter o título de grado medio en “Coidados Auxiliares de Enfermería”
Poden obter máis información na oficina de desenvolvemento Local e Emprego na rúa Reveriano Soutullo ou no teléfono 986402664.