A actuación arrancará ás 23:00 horas do venres. O grupo redondelán interpretará novas melodías así como algúns dos seus temas incluidos no disco “Modium”
O Hip Hop e o rap volverán soar este venres na praza da Casa da Torre co grupo beatus Ille. No concerto, que arrancará ás once da noite, escoitarnse temas novos da banda así como cancións xa recollidas no seu disco “Modium… pola convivencia das linguas” gravado no 2009 e no que se recollen temas cantados en galego, castelán e inglés. Dj Phanatico, Mexhalized, Teghotta e Skrabel contarán nesta ocasión coa colaboración de Cuchi Carreira quen aportará á actuación un espectáculo de vídeos e audiovisuais. Os integrantes do grupo recomendan aos amantes do hip hop achegarse a esta cita musical pero tamén a todos aqueles que non segan este estilo pero sintan curiosidade por ver a actuación. Temas como “Guerra de bacterias” ou “Donde nadie quiere” son algúns dos que se poderán escoitar mañá. O grupo está a traballar nun novo disco que podería ver a luz no vindeiro ano