Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Fundación traballa para conseguir unha liña regular entre Cesantes e San Simón

RR_Noticias

O xerente do organismo que xestiona a Illa, Xabier Alonso, márcase como obxectivo unha liña regular e estable entre o peirao de Cesantes e San Simón que funcione dende a primavera ata o outono.

Unha liña de trasporte marítimo regular e estable entre Cesantes e San Simón, ese é o obxectivo que se marca de cara os vindeiros meses a Fundación encargada de xestionar as actividades que se desenvolven na Illa. O xerente do organismo, Xabier Alonso, entende que os veciños deberían ter a posibilidade de visitar ese espacio de xeito regular motivo polo que queren conseguir que dende o peirao de Cesantes saían barcos de xeito diario aló menos nos meses que van dende a primavera ata o outono, que é o período máis axeitado para gozar de San Simón e San Antón. Lembran que o elevado custe do transporte marítimo, que foi posible no 2008 grazas a unha achega económica de 180.000 euros aportados por unha entidade bancaria que patrocinaba as viaxes, non pode ser asumido pola Fundación, xa que esa cantidade é a metade do orzamento que manexa o organismo. Ante a dificultade a atopar financiamento en organismos privados ou nas administracións entenden que o máis doado sería contar cunha embarcación estable no porto de Cesantes e que o prezo das viaxes fora asumida polos visitantes e usuarios Alonso engade que é primordial que eses barcos saían dende Cesantes por diferentes motivo como a maior seguridade e rapidez que implica que o transporte se faga dende  a parroquia redondelá. Ä espera de que esa liña regular sexa unha realidade nas vindeiras datas haberá citas puntuais como o encontro de alcaldes este mércores día 25 onde se reunirán os máximos mandatarios das localidades polas que pasa o Camiño Portugués a Santiago, ou xa en outubro a organización de catro concertos incluídos dentro da programación Espazos Sonoros da Consellería de cultura

Xabier Alonso xerente da Fundación
Un barco estable na enseada
Viaxes dende Cesantes
A liña regular debe transportar aos pasaxeiros entre Cesantes e a Illa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará