Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os populares solicitan o soterramento da AP-9 no tramo urbano de Chapela

RR_Noticias

O PP de Redondela traslada a Fomento a súa “frontal oposición” á ampliación da AP-9 en Chapela, a través dunha alegación na que advirte das importantes e serias repercusións do proxecto, tendo en conta a singular localización da infraestrutura e a sensibilidade do territorio no que se insire, polo que inciden na necesidade de sometemento do proxecto a Avaliación de Impacto Ambiental
 

O PP de Redondela presentou un escrito de alegación no que transmite ao Ministerio de Fomento a súa oposición ao proxecto de ampliación da AP-9 Ademais disto, os populares reclaman o estudo de alternativas que permiten desconxestionar a AP-9 e manter, ao mesmo tempo, a súa configuración actual, apuntando neste senso, cara á prioritaria execución da A-57, como vía alternativa para aliviar a presión do tráfico soportado pola AP-9.
Consideran insuficiente o estudo de tráfico incorporado ao proxecto e esixen o sometemento do proxecto á Avaliación de Impacto Ambiental e o estudo da afección urbanística, ambiental, social e económica da obra en Chapela. Amais esíxenlle a Fomento que considere como prioritarias outras actuacións, como o soterramento da AP-9 no tramo urbano de Chapela, desde Fonte da Fraga ata o límite parroquial, a supresión da peaxe de Rande, a construción de entradas e saídas en Torres de Padín e a colocación de pantallas sonoras para evitar ruídos nas edificacións próximas á AP-9.
O PP de Redondela advirte ademais das importantes e serias repercusións do proxecto, tendo en conta a singular localización da infraestrutura e a sensibilidade do territorio no que se insire, e detallan as numerosas cautelas impostas desde outras Administracións para a execución da obra, que a xuízo do Grupo Popular revela a necesidade de identificar, describir e analizar os impactos ambientais derivados do proxecto, sendo a Avaliación de Impacto Ambiental o instrumento que proporcionaría maior fiabilidade e confianza na toma de decisións.
Dende o PP lembran tamén que “o proxecto se desenvolve próximo ao LIC Enseada de San Simón, ao hábitat 1130 estuarios e ao BIC Castelo de Rande” e salientan a sensibilidade do espazo mariño afectado así como a existencia de actividade marisqueira, acuícola e bateeira da zona.
No tocante a Chapela, as alegacións dos populares estudian os efectos da ampliación sobre as edificacións e dotación existentes, destacando as afeccións urbanísticas, sociais, ambientais e económicas. E advirten do “efecto desestructurador” que a infraestrutura supón para Chapela.
Finalmente os populares consideran que o proxecto non resolve axeitadamente a reposición dos servizos urbanísticos afectados, nin garante que os usuarios destes non sufran trastornos durante a execución das obras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará