Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Peguform duplicará o seu cadro de persoal no prazo de tres anos

RR_Noticias

Os novos propietarios da fábrica redondelá anunciaron que a empresa diversificará a súa producción, e que amplicarán o número de empregados ata o 2013 xa que fabricarán pezas para os novos modelos de PSA.

Novos contratos coa planta de Citroen en Balaídos revitalizan á firma redondelá Peguform, que prevé duplicar o seu cadro de persoal nos próximos tres anos. Os seus novos propietarios, a multinacional francesa Plastic Omniun, prevé crear 200 empregos en Redondela ata o 2013. Diversificarán a produción da planta de parachoques e mesmo estudan ampliar as instalacións. Estas previsións débense ó lanzamento dos novos modelos de PSA Peugeot Citroën en Vigo, en 2013. A multinacional, que formalizou onte a compra da factoría redondelá, garante dous novos contratos con PSA-Vigo (B78 e M3-M4), diversificará a súa produción coa fabricación doutras pezas como portóns traseiros e estuda ampliar as súas instalacións en próximos anos. Responsables de Plastic Omnium, acompañados de directivos de PSA e Peguform, avanzaron onte os seus plans de futuro aos empregados do centro, que fabrica en exclusiva as defensas traseiras e dianteiras do monovolume C4 Picasso. Agora o persoal está formado por 210 traballadores, hai anos a empresa chegou ós 370 empregos, cifra que prevén superar, segundo anunciou Eduardo Villanueva, director da planta. As novas necesidades produtivas de Plastic Omnium levaron ao grupo a negociar a compra dunha nave anexa ás instalacións de Redondela, anteriormente ocupada por Albacora. Até a chegada dos novos vehículos de PSA en 2013, Plastic Omnium podería tamén desviar a Redondela parte da produción dunha peza que agora se fai en Valencia para a furgoneta Peugeot Partner, co obxectivo de mitigar unha posible caída de actividade no centro. A antiga Peguform ten en marcha un expediente de regulación de emprego para un máximo de 60 días este ano, axuste que o comité de empresa teme que poida repetirse a finais de ano se non se recuperan as vendas do C4 Picasso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará