Técnicos de Augas de Galicia investigan a orixe da vertedura, que afectou á zona de Fortóns e Eira Pedriña. O concelleiro de Medio Ambiente, Carlos Pazos, salientou a gravidade deste episodio de contaminación e esixe un maior control por parte do organismo autonómico.
Augas de Galicia e Policía Autonómica investigan a orixe dunha vertedura que onte causaba a morte a ducias de peixes no río Maceiras, ó seu paso por Cedeira, nun tramo ata a desembocadura no río Alvedosa. A chamada dun veciño alertou á policía local do suceso, e puido comprobarse que había espuma en varios tramos, na zona de Fortóns e Eira Pedriña. O concelleiro de Medio Ambiente, Carlos Pazos, salientou a gravidade desta vertedura e amósase pesimista cos resultados da investigacións de Augas de Galicia, que unha vez máis, “poderían quedar en nada”. Pazos Docampo esixe do organismo autonómico un maior esforzo para determinar a orixe e ós responsables do vertido.Avaría en ChapelaPor outra banda o responsable de Medio Ambiente explicou que os problemas no subministro de auga sufridos polos veciños de Chapela debéronse a unha avaría producida o sábado na rede de abastecemento. Pazos explicou que técnicos de Acualia, empresa adxudicataria do servizo, solventaron o problema no mesmo día. O concelleiro adiantou tamén que xa están en marcha proxectos de mellora para a rede de subministro na parroquia. Os veciños denunciaran esta fin de semana a mala calidade da auga, que saía da billa moi turbia e con restos de terra, o que ó seu entender explícase pola antigüidade da rede, que ten máis de 30 anos.