O suceso produciuse na madrugada do domingo, nas inmediacións dunha discoteca redondelá. O mozo, de 26 anos de idade e veciño de Mos, foi detido pola policía local cando conducía dun xeito perigoso pola avenida Mendiño.
A policía local de Redondela detivo a un mozo de 26 anos por conducir baixo os efectos do alcol. O suceso produciuse na madrugada do domingo na rotonda próxima á discoteca La Fábrica, na avenida Mendiño. O mozo conducía de xeito temerario un turismo Peugeot 207. O detido, veciño de Mos, foi sometido á proba de alcolemia, que deu un resultado de 1,19 miligramos de alcol por litro de aire aspirado, máis de catro veces o máximo permitido, que é de 0,25 miligramos.