Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos de danza brasileira, batuka, baile moderno e pintura na OMIX de Soutomaior

RR_Noticias

Os máis novos teñen a ocasión de participar en actividades deportivas e lúdicas. O prazo de matrícula está xa aberto no Multiusos de Arcade e as aulas comezarán a finais deste mes de setembro.

A boa resposta da mocidade de Soutomaior ós cursos de danza brasileira e batuka levou a OMIX a repetir esta experiencia. Trátase de dúas modalidades que misturan o exercicio e o baile, e que resultan moi atractivas para a xente nova. Sonia Pintos, responsable da OMIX, salienta que o obxectivo é formar “grupos mixtos” aínda que polo de agora estas actividades espertan interese maioritariamente entre as mozas, e son poucos os rapaces que se inscriben. Unha das novidades deste ano será o curso de baile moderno, que se oferta porque foi unha actividade “demandada polos usuarios da OMIX”. Estes tres cursos, que comezan o 20 de setembro, teñen a matrícula aberta e están dirixidos a maiores de 12 anos. Un ano máis ponse en marcha tamén o curso de pintura, no que poden participar nenos desde os 5 anos e adultos de todas as idades. Trátase dunha actividade que ten moita demanda entre a poboación de todas as idades, e na que se imparten aulas de debuxo e de diferentes técnicas artísticas. Haberá tres grupos, un de nenos e outros dous para adultos. Os interesados nestas actividades poden achegarse á OMIX, no Multiusos de Arcade, ou chamar ó teléfono 986.70.08.22.

Sonia Pintos OMIX Soutomaior
A demanda dos cursos de auka e danza brasileira é maioritaria entre as mozas
Curso de pintura
Poden participar nenos desde os 5 anos e adultos de todas as idades

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará