Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación Cultural de Rande consegue financiamento para o Museo sobre a Batalla

RR_Noticias

A Consellería do Mar achegará 36.000 € e o Concello de Redondela 9.000 € para o proxecto de converter a antiga fábrica do Alemán nun museo que conmemore a histórica contenda naval.

Cunha subvención total de 45.000 € que achegan a Consellería do Mar e o Concello de Redondela a Asociación Cultural de Rande poderán facer realidade o soño de elaborar un proxecto para a antiga fábrica do Alemán, actualmente en ruínas. O venres confirmouse que recibiría un total de 36.000 euros para o proxecto dun centro de interpretación da Batalla de Rande tras recibir o visto e prace do Grupo de Acción Costeira da Ría de Vigo-A Guarda, colaborador da Consellería de Mar, que validou o proxecto pola súa solvencia para que á súa vez a Xunta o subvencione. O resto, até 45.000 euros, achegarao o Concello redondelán. Segundo explicou o portavoz da Asociación Cultural de Rande, Juan José Comesaña, trátase dun paso adiante para poder facer realidade o seu soño de crear un centro de interpretación da batalla no mesmo lugar onde tivo lugar o episodio histórico, hai máis de 300 anos. Comesaña sinalou que co financiamento farán un proxecto definido de remodelación da antiga fábrica, propiedade da Autoridade Portuaria de Vigo. Contan cun arqueólogo, Xurxo Constenla, para facer fronte ao reto. A subvención tan só cubrirá o custe para elaborar un proxecto, logo sería necesario buscar financiamento para facer a obra, que tería un importe moi superior. A Asociación Cultural de Rande aspira a que o edificio sirva como atractivo turístico para a zona. En parte depende da Autoridade Portuaria, aínda que Comesaña explica que contan co apoio da institución portuaria para facer realidade o proxecto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará