A Policía Local de Redondela detivo na madrugada de onte a un veciño de Vigo, de 42 anos, cando circulaba pola avenida Mendiño. O condutor cuadriplicaba o taxa de alcol permitida.
Axentes da Policía de Redondela detiveron na madrugada de onte a un condutor de 42 anos, veciño de Vigo, acusado dun delito contra a seguridade do tráfico. Os feitos producíronse ás 02.30 horas, cando a policía detectou un vehículo Opel Zafira que facía manobras bruscas na avenida Mendiño. Cando o condutor estacionou o turismo os axentes observaron que presentaba síntomas de embriaguez, polo que procederon a practicarlle a proba de alcolemia. O detido conducía cunha taxa de alcol que multiplicaba por catro a permitida, ó rexistrar un resultado de 1,15 miligramos no primeiro control e 1,07 no segundo, cando o máximo legal é 0,25 miligramos.