Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 3.000 alumnos pasaron polas Escolas Municipais de Pintura, Teatro e Guitarra

RR_Noticias

Desde que comezaron a funcionar en 1989, varias xeracións de redondeláns participaron destas aulas formando “unha gran familia”. Unha media de 250 alumnos participan cada ano nas diferentes disciplinas. A matrícula xa está aberta para este curso no Multiusos da Xunqueira.

Alumnos de todas as idades están a piques de comezar o curso nas Escolas Municipais de Pintura e Debuxo, Teatro e Guitarra. Suso Ben, coordinador destas actividades da Concellaría de Cultura, explica que non é necesario ningún coñecemento previo destas materias, e que, ó contrario do que algúns pensan, “todo o mundo pode aprender”. Tan só é preciso ter gañas de empezar e coñecer “algúns trucos e técnicas” para poder facer “fermosos traballos” no eido da pintura, a interpretación ou a música. Suso Ben calcula que son xa “máis de 3.000” as persoas que pasaron por estas aulas desde que en 1989 botaron a andar. E mesmo algúns deles continúan desde aquela asistindo ás actividades, despois de máis de 20 anos. Por iso anima a todos aqueles que teñan interese a que se animen a formar parte da “gran familia” que forman os alumnos destas escolas. A matrícula está aberta para os antigos alumnos no Multiusos da Xunqueira. Para o novo alumnado o prazo comeza o próximo luns día 20 de setembro.

Suso Ben coordinador
Calquera pode aprender as técnicas do debuxo o teatro e a música
Máis de 3.000 alumnos
Varias xeracións de redondeláns participan nas actividades desde o ano 89

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará